COMO PODEMOS AXUDARCHE?

Revisa que estás a introducir o correo e o contrasinal correctos.
Para entrar na túa conta, tes que acceder desde o mercado de compra desde o que fixeches o rexistro (España, Illas Canarias ou Portugal).
Recomendámosche que borres caché e cookies do dispositivo desde o que estás a intentar acceder.
Se a incidencia continúa, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
Só tes que acceder á túa conta e entrar en datos persoais/datos de acceso. Aí poderás cambiar/actualizar o teu correo electrónico e o teu contrasinal
Fai clic en “Esqueciches o teu contrasinal?” antes de iniciar sesión e introduce o teu enderezo de correo electrónico. Enviarémosche unha mensaxe coas instrucións para restablecelo.
No caso de que a mensaxe de restablecer contrasinal non te chegue, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
Se gardou a súa información de pagamento, poderá acceder á miña conta: información de pagamento para xestionar todas as súas tarxetas, velas, eliminalas ou escoller a principal para realizar as súas futuras compras.
Poderás darte de baixa do seguinte xeito:
Desde a nosa web, ao final da páxina, ao lado do apartado AXUDA.
Desde a nosa app, accedendo a A miña conta > Datos persoais > Newsletter.
Tamén podes anular a túa subscrición desde o último correo electrónico recibido procedente da nosa newsletter.
A dispoñibilidade dun artigo pódese consultar na nosa páxina web. Cada páxina de produto contén información actualizada sobre a dispoñibilidade e o stock. Se indicas unha referencia específica, poderás ver os talles dispoñibles para a venda online e tamén comprobar o stock en tenda na sección "Dispoñibilidade en tenda". Para coñecer as medidas dos nosos artigos Preme Guía de tallas para acceder directamente á nosa guía de talles.
Actualmente non podemos garantir a dispoñibilidade dos produtos esgotados, pero animámoste a que sigas visitando a nosa páxina web para ver futuras reposicións.
Animámoste a visitar a nosa páxina web para localizar a referencia do artigo.
Podes realizar a busca a través do noso buscador ou navegando polas nosas diferentes seccións e tipo de produto.
Se finalmente non logras localizar a referencia desexada, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
Animámoste a descubrir a nosa guía de talles, que encontrarás dispoñible tanto na nosa web www.lefties.com coma na nosa app para IOS o Android. Alí poderás encontrar o talle que mellor se adapte ás túas necesidades.
Esta guía encontrarala situada enriba dos talles dispoñibles para o artigo que estás a mirar e no noso apartado GUÍA DE COMPRA ao final da páxina.
Preme Guía de tallas para acceder directamente á nosa guía de talles.
Podes consultar a composición e o coidado do produto desde a nosa web ou apps accedendo ao artigo polo cal estás interesado. Seleccionando a opción composición e coidados obterás toda a información.
Se necesitas máis información detallada sobre o teu produto, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
Comproba que introduciches correctamente os detalles da túa tarxeta: data de caducidade, nome do titular e o código de seguridade que encontrarás na parte posterior da tarxeta.
Recordámosche que é posible que o teu banco ao realizar o pagamento solicite algunha comprobación adicional.
Se o teu pagamento segue sendo rexeitado, suxerímosche contactar co teu banco para saber se hai algún problema.
Pode que un dos movementos que vexas na túa conta sexa en realidade unha reserva do importe do teu pedido e non o cobramento.
Algunhas entidades bancarias poden mostrar unha preautorización e un cargo real posterior. Este importe desbloquearase de forma automática. Se non fose así, recomendámosche que te poñas en contacto coa túa entidade bancaria para que axilicen o desbloqueo da preautorización.
Suxerímosche que borres caché e cookies e introduzas todos os teus datos de novo de forma manual, así como os datos da tarxeta bancaria que usarás para realizar o pagamento da túa compra.
Recorda que a túa entidade bancaria poderá pedirte unha dobre comprobación adicional e que teñas que aceptala.
Se segues sen non poder finalizar o pagamento, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
Debido á nova normativa europea PSD2, é posible que se che requira realizar un paso de verificación cando pagues cunha tarxeta de crédito ou débito durante o proceso de compra.
Existen varios métodos, pero os máis comúns baséanse en verificar o pagamento a través da aplicación do teu banco no teu móbil ou cun código temporal dun só uso.
Se tes algún problema para completar o pagamento, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
É unha tarxeta que poden entregarte en tenda física ao facer un cambio ou devolución procedente de compra en tenda física (non procedente de compra online).
Esta tarxeta entrégase cando non dispós do método de pagamento orixinal ou se fixeches un cambio/devolución cun tícket regalo. Nela estará incluído o importe correspondente ao cambio ou devolución para que o poidas utilizar en calquera tenda do grupo ou para compras online.
A tarxeta regalo/tarxeta aboamento é un documento ao portador. Lefties non substituirá a tarxeta en caso de roubo, perda, extravío ou deterioración.
Non, o saldo da tarxeta regalo non pode reembolsarse nin cambiarse por diñeiro unha vez utilizada.
Poderás devolver o importe total dunha tarxeta regalo sen usar.
Para facer a devolución da tarxeta regalo sen usar, é necesario presentar o tícket de compra e estar dentro do prazo de 30 días.
Si, esta tarxeta poderá utilizarse online ou en calquera tenda do grupo Inditex: Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Lefties, Stradivarius, Oysho, Zara Home e en tendas Kiddy’s Class.
Non, a tarxeta regalo non ten caducidade.
Non, a tarxeta regalo só se pode usar nas tendas físicas e online do mercado no que realizaches a compra da tarxeta.
1- Busca os produtos que máis che gusten e engádeos á cesta.
2- Introduce o código de desconto dentro do campo “Código promocional” antes de finalizar o pagamento.
3- O desconto aplicarase automaticamente ao importe final.
Os códigos promocionais son dun só uso, non se poderá aplicar máis dun código por pedido e a data de caducidade está indicada no correo electrónico que che enviamos.
Se á hora de introducir o teu código promocional non se aplica o desconto, suxerímosche que borres caché, cookies e o intentes de novo.
No caso de que sigas tendo problemas, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
Non, non se pode aplicar máis dun código promocional no mesmo pedido.
Dispós dos seguintes métodos de pagamento para realizar as túas compras en Lefties.com:
1. Pagamento con tarxeta de crédito/ débito: VISA, MASTERCARD
2. Paypal
3. Affinity Card
4. Bizum
5. Tarxeta regalo e tarxeta aboamento
6. Google Pay (desde o teu dispositivo Android)
7. Apple Pay (desde o teu dispositivo iPhone)
8. Para compras online realizadas nalgunha das nosas tendas por medio de iPod, podes completar o teu pagamento online na caixa da tenda utilizando as mesmas opcións dispoñibles para as compras de tenda física.
Para realizar o pagamento con Bizum, introduce o número de teléfono e a clave asociada ao servizo. Se aínda non dispós da clave Bizum, podes solicitala na app do teu banco. Recibirás un código de confirmación por sms que deberás introducir antes de finalizar o pagamento.
En caso de que a túa entidade bancaria non dispoña de clave, serás redirixido á app do teu banco para autorizar a compra.
A posibilidade de usar este servizo estará suxeita á dispoñibilidade de cada entidade bancaria.
En Lefties, non dispoñemos do servizo de pagamento contra reembolso. Para realizar as túas compras, consulta as nosas opcións de pagamento dispoñibles.
Podes consultar o estado do teu pedido a través da seguinte ligazón: Consulta o estado do teu pedido. Alí poderás ver os detalles do teu pedido e a data de entrega estimada. Tamén atoparás a data estimada de entrega nos correos electrónicos recibidos sobre o teu pedido e na túa conta de cliente.
Consulta o estado do teu pedido a través da seguinte ligazón: Consulta o estado do teu pedido. Revisa a data máxima de entrega e se pasadas 48 horas da data máxima non recibiches o teu pedido, ponte en contacto connosco e poñerémonos en contacto coa compañía de transporte. Lembra que os prazos de entrega poden variar segundo o produto e a época do ano.
Aconsellámosche que revises o teu correo electrónico para comprobar se recibiches algunha comunicación do transportista e que revises se se entregou aos teus veciños. Se o pedido aparece como entregado, é posible que houbera un erro na entrega e o transportista intente a entrega pasadas 24-48 horas deste estado. Se pasado este tempo non o recibes ponte en contacto co noso Servizo de Atención ao Cliente.
"Se o teu pedido foi cancelado por parte de lefties, informámoste de que o cargo que ves na túa conta se trata dunha reserva de débito. O procedemento habitual de compra con tarxeta é o seguinte: o día que realizas a compra, lévase a cabo na túa conta bancaria unha preautorización da operación, polo que verás un cargo na túa conta por esa cantidade. Pero o cobramento real só se fai efectivo cando se realiza o envío do pedido. Como o teu pedido foi cancelado, dende Lefties.com non se autorizou ningún cobramento. Polo tanto, a túa entidade bancaria terá que liberar a retención de débito nun máximo de 15 días laborables a partir da data de cancelación."
"Se se eliminaron artigos do teu pedido, é debido á falta de stock destes. O noso almacén intentou envialo completo, pero non foi posible. Se ves dous importes distintos na túa conta, informámoste de que o primeiro importe é unha preautorización (non é un cobramento) xa que se trata unicamente dun bloqueo do importe inicial da compra. O segundo importe é o cobramento dos artigos que finalmente che enviamos. O primeiro importe que ves na túa conta será liberado automaticamente pasado o prazo máximo de 15 días laborables."
En Lefties.com tes as seguintes opcións de entrega:
Recollida en tenda LEFTIES GRATUÍTA.
Envío a punto de entrega 3,99 € * Opción inhabilitada para Ceuta e Melilla.
Envío estándar 4,99 € * Opción inhabilitada para Ceuta e Melilla.
Envío Express 5,99 € * Opción inhabilitada para Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla.
Entrega a tenda: 3-5 días laborables península e 4-6 días para Ceuta e Melilla.
Entrega a domicilio: 3-5 días laborables, 4-6 días para Baleares (non se fan envíos a Ceuta e Melilla).
Entrega en punto de entrega: 3-5 días laborables, 4-6 días para Baleares (non se fan envíos a Ceuta e Melilla).
Unha vez realizado o teu pedido xa non podemos modificar os datos de entrega.
Aínda así, se o teu pedido non saíu do almacén, podes cancelalo desde “A miña conta" e realizar un novo pedido cos novos datos de entrega.
Poderás cancelar o teu pedido sempre e cando non saíse dos nosos almacéns. Se o teu pedido se encontra en estado avanzado de preparación, non poderá ser cancelado.
Neste caso suxerímosche realizar a devolución unha vez o recibas.
Un drop point é un punto de recollida do teu pedido diferente ao teu domicilio ou unha tenda Lefties (por exemplo, unha gasolineira, un quiosco...)
Resultarache útil en caso de non estar sempre na casaou non dispoñer dun establecemento Lefties próximo ao teu domicilio.
Mostrarémosche os puntos de entrega dispoñibles no momento da compra.
É posible que o teu pedido se divida porque foi expedido desde distintos centros loxísticos. Se iso acontece, avisarémoste por correo electrónico para indicarche os artigos que recibirás en cada envío.
Ten en conta que podes recibilos por separado en días diferentes.
Se estás ausente no momento da entrega, o transportista programará un segundo intento.
Tamén podes contactar directamente coa empresa de transporte e proporcionar o número de seguimento do pedido para acordar unha data de entrega ou xestionalo a través da súa plataforma.
Os pedidos permanecen 15 días na tenda que seleccionaches para a túa recollida, desde que recibes o correo electrónico de confirmación de chegada a tenda.
Si. A persoa que o recolla deberá indicar o número de pedido e a nome de quen está. Por último, terá que identificarse e asinar a entrega. Non é necesario presentar unha autorización asinada ou un documento de identidade do comprador.
Aconsellámosche que revises o teu correo electrónico para comprobar se recibiches algunha comunicación do transportista e que revises se se entregou aos teus veciños. Se o pedido aparece como entregado, é posible que houbera un erro na entrega e o transportista intente a entrega pasadas 24-48 horas deste estado. Se pasado este tempo non o recibes ponte en contacto co noso Servizo de Atención ao Cliente.
"Se o teu pedido foi cancelado por parte de lefties, informámoste de que o cargo que ves na túa conta se trata dunha reserva de débito. O procedemento habitual de compra con tarxeta é o seguinte: o día que realizas a compra, lévase a cabo na túa conta bancaria unha preautorización da operación, polo que verás un cargo na túa conta por esa cantidade. Pero o cobramento real só se fai efectivo cando se realiza o envío do pedido. Como o teu pedido foi cancelado, dende Lefties.com non se autorizou ningún cobramento. Polo tanto, a túa entidade bancaria terá que liberar a retención de débito nun máximo de 15 días laborables a partir da data de cancelación."
"Se se eliminaron artigos do teu pedido, é debido á falta de stock destes. O noso almacén intentou envialo completo, pero non foi posible. Se ves dous importes distintos na túa conta, informámoste de que o primeiro importe é unha preautorización (non é un cobramento) xa que se trata unicamente dun bloqueo do importe inicial da compra. O segundo importe é o cobramento dos artigos que finalmente che enviamos. O primeiro importe que ves na túa conta será liberado automaticamente pasado o prazo máximo de 15 días laborables."
A forma máis rápida de resolver a túa incidencia é acudindo a calquera das nosas tendas físicas, se non podes acudir á tenda, segue estes pasos:

1. Fai unha foto da embalaxe exterior do paquete
2. Fai unha foto dos artigos incorrectos que recibiches onde poidamos ver as referencias.
3. Ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente , facilitándonos o teu número de pedido.
A forma máis rápida de resolver a túa incidencia é acudindo a calquera das nosas tendas físicas, se non podes acudir á tenda, segue estes pasos:

1. Fai unha foto da embalaxe exterior do paquete
2. Fai unha foto dos artigos que SI recibiches onde poidamos ver as referencias.
3. Ten á man as referencias dos artigos que NON recibiches.
4. Ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente, facilitándonos o teu número de pedido.
A forma máis rápida de resolver a túa incidencia é acudindo a calquera das nosas tendas físicas, se non podes acudir á tenda, segue estes pasos:

1. Fai unha foto do artigo erróneo recibido onde poidamos ver a referencia.
2. Ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente, facilitándonos o teu número de pedido
A forma máis rápida de resolver a túa incidencia é acudindo a calquera das nosas tendas físicas, se non podes acudir á tenda, segue estes pasos:

1. Fai unha foto do artigo onde se vexa a tara.
2. Fai unha foto do artigo onde se visualice a etiqueta interna e externa do produto tarado.
3. Ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente, facilitándonos o teu número de pedido.
Ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente, facilitándonos o teu número de pedido e axudarémoste a solucionar a túa incidencia.
O reembolso dunha devolución online pagada con tarxeta crédito ou débito pode tardar en verse reflectida na túa conta 15 días laborables dependendo da túa entidade bancaria.
Por iso aconsellámosche que, se tardas en ver reflectido o reembolso da túa devolución, contactes directamente co teu banco.
Para acceder á túa etiqueta de devolución, debes ter solicitado a devolución previamente. Recibirás un correo electrónico cun código de barras que poderás imprimir ou mostrar no teu móbil no momento de realizar a devolución. Para solicitar a etiqueta de devolución, diríxete á opción "As Miñas Compras", selecciona "Solicitar Devolución" e elixe "Devolución a Punto de Entrega". Abrirase un buscador de localizacións onde poderás introducir a túa cidade ou código postal. Unha vez que xeres a etiqueta, recibirala por correo electrónico. Podes deixar o pedido en calquera das sucursais da compañía seleccionada.
"Podes devolver o teu pedido de forma gratuíta en calquera tenda Lefties ou a través dun punto de entrega cun custo de 1,99 €. Tes un prazo de 30 días dende a data de envío do pedido. Asegúrate de seguir as instrucións para xestionar a túa devolución: solicita a etiqueta de devolución dende a sección "As Miñas Compras" na túa conta. Recibirás un correo coas instrucións e a etiqueta. As compras realizadas en LEFTIES.com pódense cambiar por outro talle ou cor só nas nosas tendas Lefties"
Si, as pezas de roupa compradas en Lefties.com pódense cambiar por outro talle ou cor só nas nosas tendas Lefties, sempre que estean en perfecto estado, dispoñamos de stock na tenda e manteñan o mesmo prezo.
Recorda que dispós de 30 días desde a data de recepción do correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido para realizar cambiosou devolucións
Se o que desexas é cambiar a túa compra por outro artigo distinto, deberás devolvelo e realizar un novo pedido online.
Nos pedidos online realizados desde tenda, o pagamento realízase na caixa da mesma tenda, polo tanto, deberás realizar a devolución dos teus artigos en calquera tenda Lefties do mesmo país no que realizaches a túa compra.
Recorda que dispós de 30 días desde a data de recepción do correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido para realizar cambiosou devolucións
Non, as opcións de devolución nun punto de entrega están unicamente dispoñibles para compras en Lefties.com.
Non é válida para artigos de compras realizadas en iPod en tenda; se desexas realizar unha devolución, deberás acudir a unha das nosas tendas.
Non, as compras realizadas en tenda física só poderanse cambiar/devolver en calquera tenda física Lefties
Si, recorda que se queres realizar unha devolución nun punto de entrega, tes que completar a solicitude de devolución a través da nosa web/app e seguir os pasos que che indicamos.
Para iso, accede a A miña conta > As miñas compras > Selecciona o pedido a devolver > Devolver > Devolver en punto de entrega.
Ten en conta que, independentemente de cando realices a solicitude de devolución, terás que entregar o paquete en punto de entrega dentro do prazo dos 30 días desde que recibes o correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido.
Para ver os puntos dispoñibles fai clic Localizador de punto de recollida
Se queres modificar a túa solicitude e aínda non entregaches a túa devolución no punto de entrega, simplemente crea unha nova.
Se o que queres é cancelar a túa solicitude, non te preocupes, non entregues o pedido no punto de entrega e cancelarase automaticamente.
Non te preocupes, podes ensinar o código de barras que recibes unha vez realizada a túa solicitude de devolución directamente desde o teu dispositivo sen necesidade de imprimir a etiqueta.
Si, tanto se vas a devolver en tenda física coma nun punto de entrega, tes 30 días desde a recepción do correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido para realizar a devolución.
Ten en conta que, independentemente de cando realices a solicitude de devolución, terás que entregar o paquete en punto de entrega dentro do prazo dos 30 días desde que recibes o correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido.
Unha vez entregada, o transportista trasladará a túa devolución a Lefties, onde se revisará a mercadoría e, se a devolución é apta, se procederá ao reembolso.
Recibirás un correo electrónico de confirmación, indicándoche que o importe se aboará na túa conta na mesma forma de pagamento que utilizaches na túa compra e nun prazo máximo de 14 días dependendo do teu banco.
Non, para realizar cambiosou devolucións sempre se terá que realizar no mesmo país de compra.
Hai que ter en conta que as Illas Canarias se considera un mercado diferente a España.
Non é necesario, podes metelo na embalaxe orixinal precintándoo correctamente ou buscar unha embalaxe similar.
Non temos dispoñible este servizo, pero podes deixar a túa devolución nos nosos puntos de entrega dispoñibles cun custo de 1,99 euros ou se o prefires podes facer a túa devolución en tenda física de xeito gratuíto.
Non, se queres realizar a devolución de artigos incluídos en varios pedidos diferentes, é necesario solicitar a etiqueta de devolución para cada un dos pedidos. Non será posible realizar a devolución nun único paquete de artigos procedentes de pedidos diferentes.
Para realizar calquera cambio ou devolución, dispós de 30 días desde a recepción do correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido.
Si, pero non se admitirán devolucións unha vez aberto o envoltorio que protexe o produto.
Por motivos de hixiene, non se admiten cambios nin devolucións de auriculares e cascos.
Si, sempre que leven o adhesivo hixiénicoou precinto orixinal.
As pezas de baño chegarán no teu pedido cun adhesivo de hixiene para que poidas probalos sen que o tecido entre en contacto directo coa pel. En caso de ser devoltos, este adhesivo non pode ser retirado nin pode devolverse en malas condicións.
Non, os produtos en formato “PACK” son indivisibles e non poderán devolverse parcialmente ou de forma individual.
Non se admiten cambios e devolucións de pezas modificadas/personalizadas a petición do cliente nin de artigos comprados noutro mercado.
Os tempos de entrega dos pedidos que conteñan artigos personalizados poden verse afectados.
Tes a opción gratuíta de acudir a calquera tenda física de Lefties ou se o prefires podes deixar a túa devolución nun punto de entrega cun custo de 1,99 euros
Podes recuperar os teus tíckets de compra a través desta ligazón Consulte o seu e-Ticket. Necesitarás a tenda e a data de compra, os últimos 4 díxitos da tarxeta utilizada e a referencia dun dos artigos.
Podes obter información sobre as tendas de Lefties no buscador de tendas premendo Localizador de tendas. Alí atoparás detalles específicos de cada tenda, incluíndo a súa localización, enderezo, número de teléfono e horarios de apertura.
É o tícket de compra en formato electrónico que recibirás por correo electrónico xunto coa confirmación do teu pedido online.
Terás todos os tíckets electrónicos das túas compras online na túa conta de cliente tanto en web coma en app. En A miña conta > As miñas compras > Online.
O tícket electrónico achégase en todos os correos electrónicos que che enviamos sobre o teu pedido online; recomendámosche que revises todas as túas bandexas, incluídas as de correo non desexado.
Se finalmente non o encontras, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
Para realizar un cambio ou devolución con tícket electrónico nunha tenda, ensina o tícket electrónico na pantalla do teu móbil. Encontraralo en A miña conta > As miñas compras > Online.
O e-tícket é a aposta por minimizar o impacto no medio e reducir o consumo de papel.
É o tícket de compra en formato electrónico que poderás solicitar no momento da túa compra en tenda física.
Entra en Lefties desde a app, accede a A Miña conta e mostra o teu QR Lefties ao pagar en caixa, deste xeito recibirás o tícket de compra en tenda directamente na túa app.
Poderás encontrar os teus tíckets accedendo a A miña conta > As miñas compras > Tenda.
Se desexas facer un cambio ou unha devolución, poderás seleccionar o tícket que queres devolver e ensinalo na pantalla do teu móbil, ao igual que coas devolucións das compras online.
Asegúrate sempre de recibir o e-tícket antes de saír da tenda. Se non o recibes no momento da compra, o equipo de tenda poderá axudarte. .
Ante calquera incidencia posterior, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.
Para poder realizar as túas compras con envío ás Illas Canarias, ao acceder á nosa web, tes que seleccionar o país España – Illas Canarias na parte inferior da nosa páxina. Podes acceder de xeito rápido a través desta ligazón: https://www.lefties.com/ic/.
Si! Para obter unha factura particular ou a nome da túa empresa, só tes que encher os datos que che pediremos durante o proceso de pagamento do teu pedido e marcar a opción “Solicitar factura”.
Poderás descargar a factura de todos os teus pedidos en formato PDF na nosa web, accedendo a A miña conta > As miñas facturas.
En app IOS, poderás ver a factura do teu pedido en A miña conta > Datos persoais > As miñas facturas
En app Android, poderás descargala seleccionando o pedido do cal realizaches factura.
Se non solicitaches factura durante o proceso de pagamento e finalizaches a túa compra, poderás solicitala accedendo ao apartado de axuda da nosa web/app e, na opción tícket, a factura poderás obtela enchendo o formulario cos datos necesarios.
Accedendo á seguinte ligazón, poderás realizar a túa factura dunha compra xa finalizada: https://www.lefties.com/integration/mectitofa/web/ticket?brand=R&locale=GL&market=ES