En Lefties.com tes á túa disposición as seguintes opcións de entrega. No momento de procesar o teu pedido mostrarémosche os métodos de envío dispoñibles, o custo e a data estimada de entrega. Ten en conta que as entregas realízanse só en días laborables.
Para poder realizar as túas compras con envío ás Illas Canarias, ao acceder á nosa web tes que seleccionar o país España – Illas Canarias, na parte inferior da nosa páxina. Podes acceder de maneira rápida a través desta ligazón https://www.lefties.com/ic/


Recollida en tenda: gratuíto
Recolle o teu pedido na tenda Lefties que elixas en 2-5 días laborables para Península (4-6 días laborables Ceuta e Melilla).

Unha vez o teu pedido chegue á tenda seleccionada enviarémosche un correo electrónico á conta asociada.

Para poder recoller o teu pedido, é necesario que mostres na tenda o e-ticket ou o QR de cliente. Se a persoa que recolle o pedido non é a mesma que realizou a compra, deberá presentar tamén o seu DNI e o e-ticket.

Dispoñes dun prazo de 15 días naturais para poder recoller o teu pedido.


Entrega a domicilio
Opción deshabilitada para Ceuta e Melilla.
1. Standard: 4,99 €
Os prazos de entrega a domicilio estándar serán 2-5 días laborables, excepto para Baleares cuxo prazo se verá ampliado a 4-6 días laborables.

2. Express: 5,99 €
Os prazos de entrega a domicilio exprés serán de 1-2 días laborables, excepto para Baleares cuxo prazo se verá ampliado a 2-3 días laborables.

3. Entrega o mesmo día en Madrid: 5,99 €
Realiza o teu pedido antes das 14:00 e recibiralo hoxe antes das 22:00 h

Se escolliches entrega a domicilio, enviarémosche un correo de confirmación de envío cando o teu pedido saia do almacén e outro co número de seguimento e a ligazón á páxina web da empresa de transporte que entregará o teu pedido.


Punto de entrega: 3,99 €
Opción deshabilitada para Ceuta e Melilla.
Os prazos de entrega no punto de entrega que elixas serán de 2 a 5 días laborables excepto Illas Baleares, cuxo prazo se verá ampliado a 4-6 días laborables.

Mostrarémosche os puntos de entrega dispoñibles no momento da compra.

Lembrámosche que para recoller o teu pedido é necesario que presentes un documento identificativo.